Esta semana tivemos a sorte de poder contar coa colaboración de Santiago Martínez Isasi un dos coordinadores do Proxecto ANXOS (Adestrando Nenos e Xóvenes en Salvar vidas) para realizar unha sesión na que aprendimos como reaccionar ante unha situación de emerxencia que se pode dar na nosa casa. En concreto o alumnado desde 5 anos hasta 6º de Primaria aprendeu a reaccionar ante unha situación de emerxencia na que se poidan atopar sós na casa co adulto que está ó seu cargo desvanecido no chan. Os más pequenos adquiriron os coñecementos necesarios para poder avisar ó servizo de emerxencias (112) e contestar adecuadamente ás súas preguntas. Os maiores (de 4º a 6º) practicaron ademais a maniobra de RCP empregando maniquís de simulación. Foi una experiencia sen dúbida moi enriquecedora e que intentaremos que se repita en vindeiros cursos. Deixamos algunha imaxe da actividade.
venres, 21 de outubro de 2022
venres, 17 de xuño de 2022
Descansos Activos
Neste terceiro trimestre as mestras de Infantil introduciron os Descansos Activos nas súas clases. Trátase de pausas breves (5 minutos aproximadamente) de actividade física tras períodos prolongados de sedentarismo na aula co doble obxectivo de aumentar a actividade física durante a xornada lectiva de de aumentar e mellorar a concentración da rapazada de cara a unha actividade posterior. Diversos estudios neurocientíficos demostran os beneficios antes citadas de esta iniciativa que intentaremos manter e promover no cole durante o vindeiro curso. En concreto, levamos a cabo os descansos activos a través de 3 opcións: videos curtos da colección "Get Kids Moving" , uso da aplicación "Go Noodle" e o programa de actividades "Dame10" do MECD. Aquí vos deixamos unha pequena mostra cos nenos e nenas de 3 anos:
xoves, 16 de xuño de 2022
Adestrando para o Camiño de Santiago
Fai un par de semanas plantexamos unha actividade, en principio orientada ó alumnado de 5º e 6º de Primaria pero aberta a todos aqueles que quixeran participar, que tiña como obxectivo completar algunha das rutas propostas en Coruña cidade e arredores como preparación para a excursión dos maiores do cole na que terían que percorrer parte da etapa do Camiño de Santiago que une Melide con Arzúa. Algunhas familias animástesvos coas andainas e nos enviachedes algunha foto da vosa ruta en familia. Aquí volas deixamos e, coma sempre, grazas pola vosa participación!
"O Atlántico parte de ti"
Neste terceiro trimestre o alumnadode 5º e 6º de Primaria participou na actividade deportiva proposta polo Concello "O Atlántico parte de ti". Tratouse dunha aproximación a dous deportes naúticos como son a vela e o windsurf. Ambos grupos desfrutaron durante algo máis de 3 horas desta actividade e da que deixamos algunhas fotografías de 5º de Primaria (no enlace) e de 6º no vídeo que se achega a continuación.
Vídeo "Atlántico parte de ti" 5º de Primaria
Bo camiño!
O pasado 30 de maio o alumnado de 5º e 6º dePrimaria desprazouse ata Melide para realizar parte da etapa do Camiño de Santiago que une esta localidade con Arzúa. Tivemos sorte e a climatoloxía foi favorable ó longo da mañá o que nos permitiu completar a etapa planificada de 11 kilómetros aproximadamente en 3 horas e media, incluíndo a parada para a merenda realizada en Boente. De este xeito, chegamos á área fluvial de Ribadiso arredor das 14:00 para xantar e descansar antes de partir no bus rumbo a Santiago de Compostela onde durante un par de horas visitamos a praza do Obradoiro e os seus arredores. Foi un xornada completa que todos desfrutamos e da que vos deixamos un pequeno recordo en forma de montaxe fotográfico.
sábado, 7 de maio de 2022
Dia da EF na Rúa
O pasado 27 de abril o noso cole uniuse á celebración do Día da EF na Rúa. Trátase dunha iniciativa dos distintos COLEF (Colexios de Educación Física) a nivel autonómico que trata de visualizar a EF e reivindicar un maior protagonismo da mesma dentro do currículo educativo. No caso do Anxo da Garda decidimos aproveitar a circunstancia de que a rúa de acceso ó noso centro centro (Monte das Moas) sexa unha rúa peonil e asó organizar actividades para tódolos grupos de Primaria ó longo da mañá. Desde as 9 da mañá ata as 13:15 os dintintos grupos desde 1º a 6º foron baixando á rúa para realizar distintos xogos e actividades que habitualmente soemos practicar nas clases de EF. Agradecer a colaboración da Policía Local e Protección Civil que garantirazon a seguridade durante toda a mañá e de todos os familiares que acudichedes como publico. Deixamos a continuación algunhas imaxes da xornada.
xoves, 5 de maio de 2022
Adestramos para o Camiño de Santiago
O vindeiro luns 23 de maio o alumnado de 5º e 6º de Primaria realizará unha saída educativa para percorrer a etapa do Camiño de Santiago que une Melide con Arzúa (14,5 km). Nos próximos días ofreceremos máis información sobre esta actividade de xeito máis detallado. Pero antes consideramos que pode resultar interesante realizar unha pequena preparación ou adestramento previo durante estas semanas previas para que nos resulte máis doado acadar o noso obxectivo o día da excursión. Por isto ofrecemos a posibilidade de que completedes en familia algunha das rutas que detallamos a continuación. Trátase de un total de 5 rutas urbanas e fóra da cidade que están clasificadas con distintos graos de dificultade en función, principalmente, das distancias a percorrer, xa que o desnivel en todas elas non é pronunciado e apenas presentan dificultade técnica. Ademais na ficha de cada unha tedes unha enlace para poder seguir fácilmente a ruta co voso teléfono móbil a través da app Wikiloc. Pulsando a opción Ver en Scribd teredes a posibilidade de descargar todo o documento.
Por suposto, podedes realizar as rutas que se propoñen, algunha similar ou outras que vos coñezades. De calquera xeito, se vos animades a realizar algunha ruta ou rutas en familia podedes enviar un correo á dirección edufanxo@gmail.com indicando no asunto Familia Apelido1 Apelido2 comentando a ruta que escollichedes, que vos pareceu e achegando algunha foto e vídeo da mesma. Coas imaxes e/ou vídeos realizaremos un vídeo resumo da actividade.
Esta iniciativa está orientada ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, pero invitámosvos a participar a todos e todas adaptando as rutas ás posibilidades dos vosos fillos/as. Non o dubidedes e animádevos a participar!
Rutas en Familia by Gerar Parrado on Scribd