O pasado 27 de abril o noso cole uniuse á celebración do Día da EF na Rúa. Trátase dunha iniciativa dos distintos COLEF (Colexios de Educación Física) a nivel autonómico que trata de visualizar a EF e reivindicar un maior protagonismo da mesma dentro do currículo educativo. No caso do Anxo da Garda decidimos aproveitar a circunstancia de que a rúa de acceso ó noso centro centro (Monte das Moas) sexa unha rúa peonil e asó organizar actividades para tódolos grupos de Primaria ó longo da mañá. Desde as 9 da mañá ata as 13:15 os dintintos grupos desde 1º a 6º foron baixando á rúa para realizar distintos xogos e actividades que habitualmente soemos practicar nas clases de EF. Agradecer a colaboración da Policía Local e Protección Civil que garantirazon a seguridade durante toda a mañá e de todos os familiares que acudichedes como publico. Deixamos a continuación algunhas imaxes da xornada.
sábado, 7 de maio de 2022
xoves, 5 de maio de 2022
Adestramos para o Camiño de Santiago
O vindeiro luns 23 de maio o alumnado de 5º e 6º de Primaria realizará unha saída educativa para percorrer a etapa do Camiño de Santiago que une Melide con Arzúa (14,5 km). Nos próximos días ofreceremos máis información sobre esta actividade de xeito máis detallado. Pero antes consideramos que pode resultar interesante realizar unha pequena preparación ou adestramento previo durante estas semanas previas para que nos resulte máis doado acadar o noso obxectivo o día da excursión. Por isto ofrecemos a posibilidade de que completedes en familia algunha das rutas que detallamos a continuación. Trátase de un total de 5 rutas urbanas e fóra da cidade que están clasificadas con distintos graos de dificultade en función, principalmente, das distancias a percorrer, xa que o desnivel en todas elas non é pronunciado e apenas presentan dificultade técnica. Ademais na ficha de cada unha tedes unha enlace para poder seguir fácilmente a ruta co voso teléfono móbil a través da app Wikiloc. Pulsando a opción Ver en Scribd teredes a posibilidade de descargar todo o documento.
Por suposto, podedes realizar as rutas que se propoñen, algunha similar ou outras que vos coñezades. De calquera xeito, se vos animades a realizar algunha ruta ou rutas en familia podedes enviar un correo á dirección edufanxo@gmail.com indicando no asunto Familia Apelido1 Apelido2 comentando a ruta que escollichedes, que vos pareceu e achegando algunha foto e vídeo da mesma. Coas imaxes e/ou vídeos realizaremos un vídeo resumo da actividade.
Esta iniciativa está orientada ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, pero invitámosvos a participar a todos e todas adaptando as rutas ás posibilidades dos vosos fillos/as. Non o dubidedes e animádevos a participar!
Rutas en Familia by Gerar Parrado on Scribd
mércores, 4 de maio de 2022
Cambiando o patio do cole
Desde o curso pasado estamos intentando cambiar o patio do cole para aumentar as posibilidades de xogo e desfrute do mesmo por parte do noso alumnado. De este xeito comezou a funcionar un pequeno horto desde hai dúas semanas, realizamos o pintado dun mural na parte alta a semana pasada e esta semana os nenos/as comezarán a poder xogar no rocódromo instalado nos últimos días. A instalación deste rocódromo foi posible grazas a aportación económica realizada pola ANPA do cole que desde o primeiro momento mostrou o seu interese e colaborou para que esta mellora puidera levarse a cabo. Antes do seu uso, nas clases de EF estamos explicando as normas de seguridade a cumprir e que son as seguintes:
NORMAS PARA O USO DO ROCÓDROMO
1. O rocódromo soamente será usado por un máximo de 6 persoas ó mesmo tempo.
2. A cabeza no poderá sobrepasar a última ringleira de presas en ningún momento. Esa é a altura máxima que podemos alcanzar.
3. Se non estamos usando o rocódromo non podemos pasar, xogar ou permanecer na zona acolchada de seguridade. Esta zona debe estar libre en todo momento.
4. Debemos comezar a escalar nun dos extremos do rocódromo, nunca polo medio do mesmo.
CONSELLO DE SEGURIDADE:
Se notas que non podes continuar non te deixes caer, salta cara atrás para caer de pé.
Estas modificacións que estamos a facer no patio están baseadas nas respostas que se deron á enquisa realizada o curso pasado na que se solicitou a opinión de alumnado e familias acerca das necesidades e cambios que lles gustaría realizar neste espazo do cole e que, dentro das nosas posibilidades, estamos intentando levar a cabo.
Deixamos aquí algunhas fotos desta nova zona de xogo para os recreos.