mércores, 9 de novembro de 2022

IV Carreira "Quilómetros de Solidariedade"

 O próximo venres 18 de novembro para conmemorar o Día Mundial dos Dereitos da Infancia celebraremos a nosa cuarta edición da Carreira Solidaria "Kilómetros de Solidariedade" organizada pola ONG "Save the Children". A carreira terá lugar nun percorrido que delimitaremos coa axuda da Policía Local no Parque de Eirís

Nesta edición os fondos recadados polos colexios participantes de toda España irán destinados a un fondo de emerxencia que se usa en distintos tipos de situacións e especialmente no caso de conflitos bélicos. Neste enlace tedes toda a información sobre como se usan os fondos recadados nesta actividade.

https://www.savethechildren.es/actualidad/preguntas-frecuentes-para-las-familias-coles


Explicamos detalladamente a continuación o funcionamento da carreira xa que vos (pais, nais, avós, avoas, tíos, tías...) sodes unha parte importante da mesma.

Como funciona a carreira?
  1. Busca de “patrocinadores”.
Ao longo destes días os vosos fillos levarán a casa un carnet de corredor para conseguir “patrocinador” ou “patrocinadores” entre a súa familia ou amigos adultos. O patrocinador escribe o seu nome no carnet e a cantidade que se compromete a aportar por cada volta dada ao percorrido. Una vez cumplimentado o carnet levarase de novo ao cole xa que é necesario para o día da carreira.
  1. Celebración da carreira.
O venres 18 de abril ás 11:00 todo o cole desplazarase ao Parque de Eirís e alí celebraremos a carreira a partires das 12 aproximadamente. Só participarán os alumnos/as de Educación Primaria, pero os nenos/as de Educación Infantil estarán presentes para animar e apoiar aos “maiores” e incluso dar unha "volta simbólica" ao percorrido. Estaremos organizados por turnos e en cada turno participará cada unha das clases, correndo ou camiñando en función das posibilidades de cada neno durante 2 minutos aproximadamente.
Deste xeito calculade que o máximo número de voltas que pode dar o voso fillo/a sexa de 2-3 no caso dos máis pequenos ou 4-6 no caso dos maiores. En función disto podedes decidir a pequena cantidade que queredes aportar.
Trala carreira os mestres anotaremos as voltas que fixo cada neno/a no seu carnet de corredor e entregarémosllo para que o leven a casa. Tamén recibirán un diploma que acredita a súa participación na carreira.
Se por diversas circunstancias algún neno ou nena non pode conseguir "patrocinadores", non hai ningún tipo de problema xa que pode participar igualmente na carreira con todos os seus compañeiros e compañeiras.
  1. Recadación do diñeiro dos “patrocinadores”.
Os nenos/as levarán o carnet a súa casa e solicitarán o diñeiro “pactado” previamente. Así, se por exemplo o avó prometera 0,50 céntimos por volta e a su neta realizou 2 voltas terá que entregar 1 euro. O diñeiro se traerá nun sobre pechado ao colexio. Este ano, ó igual que o curso pasado e por cuestións organizativas, o equipo docente decidiu establecer unha máxima aportación de 1 euro por cada volta. Se algunha familia quixese realizar unha maior aportación pode facelo poñéndose en contacto coa ONG "Save the Children".

MOI IMPORTANTE: POR CUESTIÓNS DE ORGANIZACIÓN O DIÑEIRO SÓ SE PODERÁ TRAER AO COLEXIO ENTRE O 21 E O 24 DE NOVEMBRO (AMBOS INCLUSIVE). ANTES E DESPOIS DESA DATA OS MESTRES NON RECOLLERÁN NINGÚN SOBRE CON DIÑEIRO.

Aquí faremos a recadación e farémola chegar a “Save the Children” que á súa vez enviará un diploma ao centro que o acredite como participante no proxecto “Kilómetros de Solidariedade”.

    Agradecemos de antemán a vosa colaboración por pequena que poida parecer e recordade que cun pequeno “grao de area” entre todos podemos axudar aos que máis o necesitan.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por tu comentario