Un ano máis o Judo Club Coruña visitou o noso cole para dar a coñecer o deporte do judo entre o noso alumnado. Esta actividade forma parte do noso Plan de Vida Activa e Deportiva que ten como un dos seus obxectivos dar a coñecer entre o alumando os clubes e asociacións deportivas do noso entorno para fomentar a práctica de actividade física fóra do horario lectivo.
Deste xeito Paula e Bernerdo Romay plantexaron ó alumnado de Prinaria e de 6º de Infantil unha clase de aproximación e iniciación ó judo. Realizamos distintos xogos e actividades no tatami que se colocou para a ocasión e desfrutamos dunha sesión de 45 minutos moi divertida practicando habilidades relacionadas con este deporte: xiros, caídas, chaves... Aquí deixamos algunhas imaxes da actividade.
Judo 22-23
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario