venres, 23 de xuño de 2023

Aprendendo a orientarnos

 O pasado venres 23 de xuño o alumnado de 3º a 6º de Primaria participou nunha carreira de orientación no Parque de Eirís organizada polo Club Orientación Coruña. Nesta actividade o alumnado organizado por parellas tiveron que buscar, axudados dos seus mapas correspondentes as balizas ubicado en distintas zonas do parque. Non foi sinxelo, apretaba o calor e había que estar moi atentos e concentrados para non desorientarse. Porén, con maior ou menor axuda, todos os nenos/as foron capaces de localizar todas as balizas e completar o percorrido. Tamén estieron presentes algunhas nais e pais que colaboraron na actividade e incluso tiveron que ser aconsellados por algún neo/a para localizar correctamente algunha das balizas... Deixamos fotos da xoranada que esperamos que vos gusten.

Copia de Halterofilia 22-23

mércores, 14 de xuño de 2023

Bo camiño!

 O pasado luns 29 de maio o alumnado de 5º e 6º de Primaria desprazouse ata Miño para realizar o tramo do Camiño Inglés que une esta localidade con Betanzos. Previamente, no cole, explicaramos as características da etapa e deramos consellos básicos para realizar unha andaiana de certa duración como foi o caso xa que a distancia percorrida acercouse ós 11 quilómetros. A etapa transcurriu sen incidencias importantes e acompañados dunha moi boa climatoloxía. A pesares da calor, o feito de que a maior parte do camiño transcurrise por zona sombreada fixo a andaina moi "levadeira". A metade de camiño fixemos unha parada para a merenda da mañá e, xa en Betanzos, repuxemos forzas comendo para realizar una actividade de "Busca do Tesouro" organizada por Bea, unha monitora do concello, que nos permitiu coñecer máis curiosidades desta centenaria vila. A chegada ó cole produciuse arredor das 18:00 ca rapazada cansada despois do esforzo pero satisfeita de poder converterse por un día en peregríns do Camiño de Santiago,

Deixamos a continuación algunhas fotos que esperamos que vos gusten.

MiñoBetanzos maio23

luns, 12 de xuño de 2023

Coñecendo a capoeira

O luns e martes 5 e 6 de xuño visitou o noso centro Fran, mestre de capoeira do Club Coruña de Ouro. Nunha actividade dirixida a todo o alumnado de Primaria e 6º de Infantil achégamonos a este disciplina a través do coñecemento de diversos instrumentos musicais e da práctica dalgúns dos pasos, xestos e movementos máis característicos desta modalidade. Esta actividade está enmarcada dentro da iniciativa "Coñece o meu club" do noso PVAD (Plan de Vida Activa e Deportiva) e pretende fomentar a práctica de actividade física do noso alumnado fóra do horario lectivo a través do coñecemento de distintas posibilidades para tal fin.

Deixamos algúns vídeos e fotos a continuación. Esperamos que vos gusten.

Capoeira xuño 2023

domingo, 14 de maio de 2023

Resumo da Semana Saudable

 Fai dúas semanas celebramos no cole a nosa Semana Saudable con diversas actividades nas que participamos alumnado, familias e mestres.

- Family Talent: vídeos achegados por familias do cole nas que podemos ver a pais, nais, avóas, irmás... realizando unha gran variade de actividades: bailes, baloncesto, voleibol, ciclismo, danzas tradicionais...

- Retos dos mestres: Os vosos fillos/as trataron de superar durante os recreos da Semana Saudable os retos de escalada, salto de corda, fútbol e baloncesto propostos previamente por algunhas das mestras e mestres do centro.

- Merendas Saudables Artísticas: Fuchedes moitas familias as que participachedes con merendas saudables e orixinais: ratos de uvas e pera, bocadillos con forma de animais, brochetas de froitas...

- Carteis Saudables: O alumnado de 4º a 6º de Primaria elaborou na área de Arts and Crafts ( Plástica) carteis con frases e consellos saudables para decorar as escaleras do cole.

- Día da EF na Rúa: Por segundo ano nos unimos a esta celebración que se realiza a nivel nacional para reivindicar a importancia da EF dentro da educación da rapazada.

Todas estas actividades están resumidas no vídeo que tedes a continuación. Unha vez máis, grazas pola vosa colaboración. Sen ela, estas actividades non serían posibles. Esperamos que vos guste o vídeo.

domingo, 23 de abril de 2023

Os profes rétante... aceptas o desafío?

 Algúns dos mestres do cole propoñémosvos varios retos que podedes intentar superar durante os recreos da nosa Semana Saudable. Só tedes que ver o vídeo, escoller o reto que prefirades e esforzarvos por igualalo ou superalo contando para iso cos intentos que sexan necesarios. Iso si, debedes buscar a un compañeiro/a que faga de observador e "certifique" que superáchedes o reto e así podervos inscribir no listado dos alumnos/as que conseguiron "vencer" ós mestres.

Anímadevos a participar!

Fai clic na imaxe para ver o vídeo cos retos dos mestres.



xoves, 20 de abril de 2023

Semana Saudable

Entre o 24 e o 28 de abril celebraremos no cole a nosa Semana Saudable para tratar de concienciar ó noso alumando da importancia de manter uns hábitos de vida saudables no referido a actividade física, alimentación e saúde mental. Entre outras actividades realizaremos as seguintes:
- Elaboración de carteis saudables. Na área de Plástica o alumnado proporá distintas frases curtas relacionadas coa promoción de hábitos saudables e que serán trasladadas a distintos carteis que decorarán as escaleiras que a maioría da rapazada ten que subir todos os días para acceder as súas aulas.
- Retos docentes. Algúns mestres proporán disitintos retos que ipliquen actividade física para que o alumnado que o desexe intente superalos ó longo da semana no tempo de recreo. Poderedes visualizar estes retos neste mesmo blog a partir do domingo.
- “Día da EF na Rúa”. O xoves 27 de abril participaremos de novo do Día da EF na Rúa que intente dar visibilidade e reivindicar o papel da EF na educación. O alumnado do centro baixará en turnos ó longo da mañá á rúa Monte das Moas para realizar xogos ou actividades habituais nas nosas clases de EF. Se tedes a oportunidade e posibilidade estades invitados a asistir como espectadores.
- "Concurso de merendas saudables". O venres 28 de abril, celebraremos un Concurso de Merendas Saudables. Os voso fillos/as poden traer ó centro unha merenda saudable nutritiva e artística ó mesmo tempo: brochetas de froitas, figuras, bocadillos divertidos... todo vale mentres sexa saudable. Sacaremos fotos das merendas dos participantes que posteriormente compartiremos con vós.

martes, 11 de abril de 2023

Family Talent

 Ola, familias! Para comezar este terceiro trimestre propoñémosvos unha actividade para que nos mostredes o voso Talento en Familia. Emulando ós típicos programas de talentos da televisión queremos que poñades a funcionar a vosa imaxinación e o voso corpo para compartir con nós algún talento oculto que teñades na vosa familia.

A actividade é sinxela. Trátase de que nos enviedes un vídeo de breve duración (máximo 1 minuto) no que polo menos dous membros da familia (poden ser máis) aparezades completando un reto que implique actividade física. Dámosvos algunhas ideas:

- Realizar unha coreografía de baile en familia.

- Completar un pequeno percorrido de certa dificultade en patíns, patinete, bici...

- Dar un determinado número de saltos ou realizar certas habilidades coa corda de saltar.

- Realizar distintas habilidades cun balón de fútbol, baloncesto, voleibol, raquetas, discos voadores...

- Realizar equilibrios individuais, en parellas ou grupo co corpo, utilizando un "slackline", con obxectos...

Estas son só algunhas ideas pero podedes escoller outras sempre que, como xa dixemos, impliquen actividade física e conten coa participación de, como mínimo, dous membros da vosa familia.

Cando teñades o video debedes envialo ó correo edufanxo@gmail.com. Se tedes problema co envío polo tamaño do arquivo a enviar podedes facer o envío empregando algunha páxina como, por exemplo, We Transfer que facilita un enlace de descarga para dito arquivo o cal poderíades enviar ó correo antes citado.

A data límite para enviar os vídeos é o 21 de abril e cos vídeos que nos acheguedes faremos unha pequena montaxe que poderedes visualizar neste blog e que empregaremos para promover a práctica de actividade física en familia durante a semana saudable que celebraremos no colexio do 24 ó 28 de abril.