domingo, 31 de xaneiro de 2021

CamiñAnxo: Completado o Camiño do Norte!

Na terceira semana do noso club xa fomos quen de completar o Camiño do Norte e como o prometido é débeda quedan descubertos os segredos e curiosidades deste camiño e conseguida a nosa primeira "Compostela" credencial que acredita que o noso club completou os quilómetros que unen Ribadeo con Santiago. 





"Compostela" que acredita que o Club CamiñAnxo completou "virtualmente" os km do Camiño do Norte


Ademais, a través do seguinte enlace, podedes descargar unha "Compostela" personalizada para a vosa familia como recordo da vosa participación neste Camiño xunto a outras familias do cole. 

"Compostela" personalizable para as familias

Sen descanso, continuamos co seguinte reto, A Vía da Prata (254, 3 km). Partimos de A Canda, Ourense, e xa temos acumulados 53,83 quilómetros que nos sitúan en Laza. Ánimo familias e grazas de novo pola vosa participación e implicación!!

venres, 22 de xaneiro de 2021

Comeza o Torneo de Salto de Corda

 Este curso continuamos a adaptar á situación COVID os "recreos activos" que puxemos en funcionamiento o curso pasado. Polo de agora, estamos a optar por actividades que minimicen o contacto entre o alumnado e que se realicen con pouco material e, a poder ser, de uso individual. Se no primeiro trimestre o protagonista foi o peón, neste segundo trimestre outro xoguete popular, a corda, colle o relevo. Desde a próxima semana comezaremos un torneo por cursos con distintas modalidades de particiapción: individual de duración, individual de habilidade e por equipos. Aquí queda un cartel co resumo do mesmo.

venres, 8 de xaneiro de 2021

CamiñAnxo: descubre o Camiño en familia

Comeza o segundo trimestre e con el realizaremos distintas actividades relacionadas co Camiño de Santiago para así dar visibilidade ao ano Xacobeo no que entramos. Desde a área de EF queremos unirnos aportando unha nova actividade en familia que chamaremos “CamiñAnxo”. A idea é que entre todas as familias do cole sumemos quilómetros activos (camiñando, correndo, en bici, patinete, patíns…) para completar algúns dos distintos Camiños que existen e descubrir así os seus segredos. Para poder contabilizar estes quilómetros haberá que utilizar a APP Strava formando parte dun club privado para garantir que só as familias do Anxo podemos participar na actividade.

A continuación tedes unha pequena infografía cos pasos a seguir para unirse a esta actividade e, máis abaixo, un documento PDF coas instrucións detalladas que vos recomendamos ler. Se tedes algunha dúbida podedes ecribila deixando un comentario a esta entrada e a resolveremos coa maior brevidade posible.

Cantas máis familias nos unamos, máis quilómetros poderemos sumar así que animádevos, participade e… Bo Camiño!

luns, 7 de decembro de 2020

Camiño ao respecto. Grazas por participar!

Na útima semana de novembro varias familias do Anxo unístesvos a esta iniciativa e xunto co resto de participantes en toda Galicia conseguemos sumar 43.875 quilómetros para amosar o noso apoio á loita contra a violencia de xénero. Aquí queda un pequeno recordo das vosas andainas. Moitas grazas por participar en familia!


Collage Camiño ao Respecto 25N

luns, 30 de novembro de 2020

Noraboa a todos os participantes!

 Esta semana reamatou o I Torneo de Peón do Anxo da Garda. Participaron case 30 alumnos/as de 3º a 6º de Primaria demostrando a súa habilidade no lanzamento deste xoguete popular. Aqueles que conseguiron bailar o trompo durante máis tempo obtiveron algún pequeno agasallo como recompensa. Deixámosvos algunhas fotos nos patios e da entrega de premios.








luns, 23 de novembro de 2020

Andaina contra a violencia de xénero

Durante esta semana a Xunta de Galicia organiza a VIII Andaina contra a Violencia de Xénero  (facede clic para máis información) para amosar o apoio a esta causa. Ante a imposibilidade de xuntarse para realizar dita andaina como noutras edicións, as condicións de realización da mesma cambian este ano. O cole inscribiuse como entidade neste evento no que cada familia que decida participar (ou varios membros da mesma) tratará de completar os 5 km que tería o percorrido da andaina en circunstancias normais. Estes 5 km poderán ser completados ao longo desta semana, ata o 30 de novembro. A distancia é orientativa, poden ser menos ou máis quilómetros, xa que o importante é amosar o apoio a esta causa e pasar un rato en familia facendo un pouco de actividade física. 
Como xa dixemos, podedes escoller calquera día desta semana para participar (a ver se temos sorte e acompaña o tempo...) e tedes a opción de imprimir os dorsais para que se recoñeza o noso apoio a esta loita. Para o noso cole foron asignados números entre 4913 e 5092. Podedes escoller o que queirades e incluso o mesmo para toda a familia. Aquí tedes o enlace para imprimilos (se non podedes imprimir, podedes copiar o modelo a man na metade dun folio e colocalo con imperdibles igualmente):


Recordade que se trata dunha actividade a realizar soamente en familia para cumplir así coas normas e restricións impostas dentro do noso concello por mor do COVID19.

Por último, se vos apetece, podedes enviar unha foto como recordatorio da vosa participación na andaina (non teñen porque saír as caras) e con todas as que recibamos faremos unha presentación ou collage que colgaremos nesta entrada do blog. As fotos podedes envialas á dirección de correo: edufanxo@gmail.com 

Animádevos a participar!!

luns, 2 de novembro de 2020

Torneo de Peón: "Polo San Martiño, peóns ao camiño!"

A pesar das limitacións que supón a actual situación causada pola COVID19 durante este curso intentaremos dar continuade aos recreos activos e para todos/as que comezamos a organizar o curso pasado. Deste xeito, no primeiro torneo que imos a organizar optaremos por un xoguete tradicional, de uso individual e que cumpre con todas as normas de seguridade e hixiene. A organización e normas están recollidas no seguinte cartel do que deixaremos unaha copia en tódalas clases. Ánimo e apuntádevos!