martes, 21 de decembro de 2021
Visita da SD As Xubias
luns, 20 de decembro de 2021
Coñecendo o judo
xoves, 2 de decembro de 2021
Finalizado o Torneo de Peón
A pasada semana rematou o II Torneo de Peón do Anxo da Garda. Aínda que custou arrancar e tivemos que practicar bastante co peón, case 20 alumnos/as de 3º a 6º de Primaria participaron demostrando a súa habilidade no lanzamento deste xoguete popular. Sexa como fose, o péon xa forma parte dos nosos recreos e sodes moitos os que o solicitades para xogar no patio durante estes días, algo que nos alegra. Aquí deixamos algunhas imaxes da vosa participación.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
O pasado 18 de novembro celebramos, por terceiro curso, a Carreira Quilómetros de Solidariedade promovida pola ONG Save the Children e que este ano pretende recadar fondos para loitar contra a desnutrición existente nos países do Corno de África.
mércores, 1 de decembro de 2021
Participación na andaina "Camiño ó Respecto"
Aínda que a climatoloxía puxóo moi difícil algunha familia do Anxo animouse a participar na modalidade virtual da andaina "Camiño ó Respecto" uníndose ás máis de 4000 persoas que participaron en toda Galicia e sumando así quilómetros en favor desta loita. Aquí quedan as fotos enviadas. Moitas grazas!
martes, 16 de novembro de 2021
Quecemento para a III Carreira "Quilómetros de Solidariedade"
Aquí deixamos un vídeo que "rescatamos" de fai dous cursos no que os ex-alumnos e ex-alumnas de 6º de Primaria realizaron unha sinxela coreografía que empregaremos como quecemento este xoves na III Carreira "Quilómetros de Solidariedade". O tema musical é "Móvete" de Paco Nogueiras no que se fala da importancia dos nosos actos día a día, por pequenos que parezan, para ser solidarios e axudar ós demais. Esperamos que vos guste e a practicar!
xoves, 11 de novembro de 2021
III Carreira "Quilómetros de Solidariedade"
O próximo xoves 18 de novembro para conmemorar o Día Mundial dos Dereitos da Infancia celebraremos a nosa terceira edición da Carreira Solidaria "Kilómetros de Solidariedade" organizada pola ONG "Save the Children". A carreira terá lugar nun percorrido que delimitaremos coa axuda da Policía Local no Parque de Eirís. Nesta edición os fondos recadados polos colexios participantes de toda España irán destinados á loita contra a desnutrición infantil no "Corno de África". No seguinte enlace podedes consultar máis información sobre este tema:
https://www.savethechildren.es/desnutricion-coles
- Busca de “patrocinadores”.
- Celebración da carreira.
- Recadación do diñeiro dos “patrocinadores”.
martes, 9 de novembro de 2021
"Polo San Martiño, peóns ó camiño!"
Para celebrar o día de San Martiño e facendo caso ó refrán "Polo San Martiño, peóns ó camiño!" este venres 12 de novembro celebraremos un torneo de lanzamento de péon para o alumnado de Primaria que desexe participar. Debido as limitacións establecidas polo protocolo COVID non poderemos realizar os "clásicos combates de peón" entre todo o alumnado do cole e cada grupo deberá xogar na súa zona asignada. Durante esta semana os nenos e nenas poden practicar durante os recreos usando os seus peóns ou os que temos no cole. Neste cartel podedes ver con máis detalle as normas e organización do torneo.
martes, 5 de outubro de 2021
Volven as Merendas Saudables
Este curso retomaremos a actividade “Merendas Saudables” enmarcada dentro do Plan Proxecta: Proxecto de Vida Activa e Deportiva. O sistema e funcionamento será igual ó que utilizamos fai dous cursos, outorgando puntos e recompensas colectivas aos grupos que de forma maioritaria cumpran coas merendas marcadas no calendario semanal. Como xa sabedes, con esta iniciativa pretendemos fomentar o consumo de alimentos saudables no centro (especialmente a froita) e ademais reducir o lixo que en forma de envases e plásticos poden xerarse no tempo de recreo. A actividade e o calendario de merendas comezará a “funcionar” o vindeiro mércores 13 de outubro.
Deixamos a continuación un PDF onde se explica detalladamente o "como" e o "por que" desta actividade, así como o funcionamento da mesma.
Merendas Saudables 21-22 by Gerar Parrado on Scribd
luns, 20 de setembro de 2021
Benvidos e benvidas a o curso 2021-2022!
Desde a área de EF queremos darvos a benvida a este novo curso que comeza. Se ben a situación da pandemia mellorou notablemente desde o ano pasado, o protocolo COVID a seguir nos colexios segue a ser moi similar. A única novidade refírese a maior permisividade á hora de compartir material, algo que sen dúbida imos a agradecer nas nosas clases. Por iso, ademais das normas de comportamento e hixiene e aseo habituais, deixamos aquí un pequeno resumo no que se recollen as principais normas a ter en conta en EF con respecto ao protocolo COVID.
mércores, 23 de xuño de 2021
Excursión fin de curso
O pasado luns 21 de maio os cursos de 5º e 6º de Primaria desprazáronse a Melide coa intención de realizar a etapa do Camiño de Santiago que une esta localidade con Arzúa. O plan inicial non puido ser levado a cabo por mor da insistente choiva que tivemos ao longo da mañá. Foi unha mágoa, xa que tanto alumnado como mestres tiñamos moitas ganas de desfrutar desta etapa e desta excursión de fin de curso despois dun ano tan "complicado". Tivemos que optar por un plan "B" que consistiu en percorrer unha pequena distancia a pé, almorzar no pavillón municipal de Arzúa (grazas á colaboración do Concello) e organizar unha rápida visita o MUPEGA de Santiago. Tralo xantar puidemos dar un pequeno paseo pola praza do Obradoiro e a Alameda. Deixamos algunhas fotos desta xornada.
venres, 28 de maio de 2021
Este é o meu club!
Con esta actividade queremos dar visibilidade aos clubs e asociacións deportivas do noso barrio e entorno próximo. A idea é elaborar un “mapa” onde estean localizados estes clubs, asociacións ou agrupacións das que formades parte e saber algo máis da súa historia e das actividades que permiten practicar. Se queres colaborar, toma nota.
Debes elaborar un vídeo de 1 minuto de duración como mínimo e 2 minutos como máximo. Neste vídeo debes explicar ou deben aparecer recollidos os seguintes datos:
- Nome do club, asociación ou agrupación.
- Deportes ou actividades que ofrece.
- A que idades está dirixido.
- Onde se atopa (dirección).
- Breve historia sobre o mesmo (ano de fundación, anécdotas, cantos nenos/as están inscritos nas súas actividades...).
- A vosa opinión e porque vos gusta formar parte deste club.
O formato do vídeo é libre pero sempre aportando a información antes detallada. Podedes aparecer vós ou non, utilizar a vosa voz, podedes gravar a porta do local do club ou as súas instalacións (pedindo permiso previamente), podedes utilizar textos no vídeo para aportar información... en fin, todas as ideas son boas.
En caso de que varios compañeiros/as do cole esteades nun mesmo club podedes facer un único vídeo onde participades todos.
Para elaborar o vídeo podedes empregar algunha das aplicacións ou programas que se recomendan na infografía que tedes a continuación e que resume as instrucións para esta actividades.
Se tedes dúbidas preguntade ao mestre de EF ou a algún adulto que vos poda botar unha man coa montaxe do vídeo. Ánimo e non dubidedes en participar e axudar a promover aos clubs e asociacións do noso barrio!
venres, 21 de maio de 2021
Feira das Letras Galegas 2021
A pasada semana realizáronse no cole diversas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas adicado este ano á autora Xela Arias. Entre estas actividades organizamos una "feira" na que o alumnado de Infantil e Primaria desfrutou de xogos e bailes populares ademais de participar en xogos de pistas e relevos relacionados coa autora homenaxeada. Durante o mércores, xoves e e venres a rapazada dos distintos cursos foi baixando ao patio cuberto (respectando os "grupos burbulla") para participar nestas 3 zonas de actividades:
- Zona de Xogos Populares: nesta zona poideron reañizar xogos populares que eles elixiron e que previamente coñeceran nas clases de Educación Física: o pano, o brilé, pés quietos...
- Zona de Bailes Populares: nesta zona realizamos coreografías sinxelas cos máis pequenos (Intantil, 1º e 2º de Primaria) como "A Serriña" ou "Don Melitón", mentres que os maiores (3º a 6º de Primaria) anímáronse a bailar a muiñeira que previamente practicaran nas clases de Música e EF.
- Zona de Pistas e Relevos: nesta zona os pequenos de Infantil, 1º e 2º realizaron xogos de relevos nos que tiñan que conseguir pezas de quebracabezas para montar correctamente imaxes relacionadas con Xela Arias e co Camiño de Santiago. Pola súa parte os maiores de 3º a 6º de Primaria, participaron nun xogo de orientación e búsqueda de pistas para poder responder a diversas preguntas relacionadas coa autora protagonista das Letras Galegas este ano. O material necesario para esta actividade foi elaborado polo Equipo de Biblioteca do colexio.
Deixamos unha pequena montaxe con imaxes e vídeos das distintas actividades realizadas. Esperamos que vos guste!
luns, 26 de abril de 2021
Grazas, grazas e grazas!
mércores, 21 de abril de 2021
"CamiñAnxo" - Fin da aventura
Chegamos ao remate do noso desafío e só podemos agradecer a vosa participación e implicación xa que foron case 1200 quilómetros os sumados polas familias do club ao longo do trimestre que acaba de finalizar. Isto fixo que fosemos quen de completar a parte galega de 6 Camiños distintos sendo o último o Camiño Primitivo que partiu do Alto do Acevo e ao longo de 159,2 quilómetros nos levou unha vez máis a Santiago de Compostela. Concluímos esta actividade pero intentaremos propoñer algunha actividade máis en familia de cara ao terceiro trimestre. En principio deixaremos o club aberto ata final de curso por se xurde alguna nova proposta na que poida resultar útil o uso desta App. Por suposto, se queredes podedes abandonar o club en canto queirades. Un saúdo para todas as familias e, de novo, moitísimas grazas pola vosa participación!
Deixamos coma sempre, unha imaxe cos segredos deste camiño e un PDF coa Compostela que acredita que as familias do Club CamiñAnxo completaron os quilómetros do Camiño Primitivo.
luns, 19 de abril de 2021
"Coruña Olímpica"
O pasado xoves 15 de abril recibimos a visita do ex-judoka olímpico Victorino González. Esta actividade forma parte do programa "Coruña Olímpica" na que distintas deportistas olímpicos coruñeses intentan achegar a súa experiencia nuns Xogos Olímpicos ao alumnado dos distintos centros da cidade.
Durante 1 hora de entrevista conducida pola xornalista Lis Franco o alumnado e 5º e 6º de Primaria tivo a oportunidade de coñecer moi de preto a traxectoria deportiva e experiencia olímpica de Victorino e ademais participar realizándolle diversas preguntas. A actividade cumpriu con tódalas medidas de prevención e seguridade establecidas polo Protocolo COVID19.
martes, 23 de marzo de 2021
II Carreira "Kilómetros de Solidariedade"
Á volta das vacacións de Semana Santa, o 9 de abril coincidindo coa conmemoración do Día Mundial da Actividade Física os alumnos/as do Anxo participarán por segundo ano na Carreira Solidaria "Kilómetros de Solidariedade" organizada pola ONG "Save the Children". A carreira terá lugar nun percorrido que delimitaremos coa axuda da Policía Local no Parque de Eirís. Nesta edición os fondos recadados polos colexios participantes de toda España irán destinados a mellorar a atención sanitaria de nenos e nenas da República Democrática do Congo para que, entre outras cousas, poidan ter acceso a medicamentos básicos para tratar enfermidades como a neumonía. Neste enlace podedes consultar máis información sobre a súa situación e sobre como intentaremos aportar un pequeno grao de area para axudalos:
https://www.savethechildren.es/neumonia-coles
- Busca de “patrocinadores”.
- Celebración da carreira.
- Recadación do diñeiro dos “patrocinadores”.
martes, 16 de marzo de 2021
O ritmo non para!
Unha semana máis acumulando quilómetros foi suficiente para completar o penúltimo Camiño do trimestre, o Camiño Portugués que nos levou ao longo de 118,6 qm desde Tui ata Santiago pasando por diversos pobos das provincias de Pontevedra e Coruña. Deixamos coma sempre os segredos deste camiño e a Compostela acreditativa para as familias. E, sen parar nen un intre, enfilamos xa o último camiño do trimestre co que daremos por finalizada esta actividade en familia, O Camiño Primitivo. Ánimo familias e a seguir sumando!!
luns, 8 de marzo de 2021
Seguemos a descubrir camiños...
Esta vez tocoulle a quenda ao Camiño de Inverno. En dúas semanas as familias do Club CamiñAnxo completamos este camiño que, na súa parte galega, iníciase nas Médulas e percorre 235,5 qm para chegar a Santiago de Compostela. O relaxamaneto nas medidas de mobilidade impostas pola COVID19 fixo que moitas das famlias optaran por completar andainas e rutas en distintas partes da xeografía da nosa provincia: Oleiros, Costa da Morte... facendo que esta actividade en familia tórnese aínda máis atractiva. Continuamos co Camiño Portugués e como sempre deixamos os segredos do último camiño completado xunto cunha Compostela personalizable para cada familia.
Compostela Camiño de Inverno para as familias
luns, 22 de febreiro de 2021
Os Camiños non teñen segredos para o Club CamiñAnxo
En algo máis dun mes as familias do noso club conseguiron completar as 3 partes galegas dos camiños que estaban planificados para este trimestre: Camiño do Norte, Vía da Prata e finalmente o tradicional Camiño Francés. Moitos camiñachedes o barrio de norte a sur e de este a oeste e tamén boa parte da Coruña: paseo marítimo, zona do parrote, Parque de Bens...
Como o ritmo non para e ademais estanse a unir máis familias ao clube, decidimos palnificar 3 novos camiños para o que resta de trimestre. Nestes días prepararemos o panel e seguiremos informando dos avances.
Como no caso dos anteriores Camiños deixamos á vosa disposición unha Compostela personalizable para a vosa familia e unha imaxe cos segredos do Camiño Francés que acabamos de completar.
mércores, 17 de febreiro de 2021
Finalizada a Vía da Prata!
En apenas 3 semanas sumando quilómetros e aproveitando os días sen clase do Entrido, as familias do Club CamiñAnxo conseguimos completar a distancia que separa A Canda, en Ourense, de Santiago de Compostela obtendo así a nosa segunda "Compostela" que acredita que fomos quen de completar a parte galega da Vía da Prata descubrindo ademais os seus segredos e curiosidades.
Como xa aconteceu co Camiño do Norte, a través do seguinte enlace podedes descargar unha "Compostela" personalizada como recordo da vosa participación neste Camiño xunto a outras familias do cole.
"Compostela" Vía da Prata personalizable para as familias
Os quilómetros que seguimos a acumular permítennos comezar xa o noso terceiro camiño, o tradicional Camiño Francés que na sú parte galega comeza no Cebreiro. Levamos xa percorridos 103 quilómetros que nos sitúan en Palas de Rei.
Unha vez máis, agradecemos a vosa participación que vai facer que teñamos que incluir novas rutas para o queda de trimestre. A seguir sumando quilómetros en familia!
domingo, 31 de xaneiro de 2021
CamiñAnxo: Completado o Camiño do Norte!
Na terceira semana do noso club xa fomos quen de completar o Camiño do Norte e como o prometido é débeda quedan descubertos os segredos e curiosidades deste camiño e conseguida a nosa primeira "Compostela" credencial que acredita que o noso club completou os quilómetros que unen Ribadeo con Santiago.
"Compostela" que acredita que o Club CamiñAnxo completou "virtualmente" os km do Camiño do Norte |
Ademais, a través do seguinte enlace, podedes descargar unha "Compostela" personalizada para a vosa familia como recordo da vosa participación neste Camiño xunto a outras familias do cole.
"Compostela" personalizable para as familias
Sen descanso, continuamos co seguinte reto, A Vía da Prata (254, 3 km). Partimos de A Canda, Ourense, e xa temos acumulados 53,83 quilómetros que nos sitúan en Laza. Ánimo familias e grazas de novo pola vosa participación e implicación!!
venres, 22 de xaneiro de 2021
Comeza o Torneo de Salto de Corda
Este curso continuamos a adaptar á situación COVID os "recreos activos" que puxemos en funcionamiento o curso pasado. Polo de agora, estamos a optar por actividades que minimicen o contacto entre o alumnado e que se realicen con pouco material e, a poder ser, de uso individual. Se no primeiro trimestre o protagonista foi o peón, neste segundo trimestre outro xoguete popular, a corda, colle o relevo. Desde a próxima semana comezaremos un torneo por cursos con distintas modalidades de particiapción: individual de duración, individual de habilidade e por equipos. Aquí queda un cartel co resumo do mesmo.
venres, 8 de xaneiro de 2021
CamiñAnxo: descubre o Camiño en familia
Comeza o segundo trimestre e con el realizaremos distintas actividades relacionadas co Camiño de Santiago para así dar visibilidade ao ano Xacobeo no que entramos. Desde a área de EF queremos unirnos aportando unha nova actividade en familia que chamaremos “CamiñAnxo”. A idea é que entre todas as familias do cole sumemos quilómetros activos (camiñando, correndo, en bici, patinete, patíns…) para completar algúns dos distintos Camiños que existen e descubrir así os seus segredos. Para poder contabilizar estes quilómetros haberá que utilizar a APP Strava formando parte dun club privado para garantir que só as familias do Anxo podemos participar na actividade.
A continuación tedes unha pequena infografía cos pasos a seguir para unirse a esta actividade e, máis abaixo, un documento PDF coas instrucións detalladas que vos recomendamos ler. Se tedes algunha dúbida podedes ecribila deixando un comentario a esta entrada e a resolveremos coa maior brevidade posible.
Cantas máis familias nos unamos, máis quilómetros poderemos sumar así que animádevos, participade e… Bo Camiño!